Publicidad:
Terra
La Coctelera

Jazz en España

Información

22 Julio 2009

Festival de Jazz NOVAS MÚSICAS de Monforte de Lemos 09

 FESTIVAL DE JAZZ NOVAS MÚSICAS

Dende o ano 2005 celebrase en Monforte de Lemos, nas instalación do Conservatorio Profesional de Música " Mestre Ibáñez " e por iniciativa do Concello de Monforte de Lemos, un encontro de músicos  no Seminario de Música Moderna e Improvisación. Ao longo destes anos acompañáronnos alumn@s de toda a xeografia española,  que cun elemento común, a súa preferencia pola música moderna e a improvisación,  acercaronse a Monforte de Lemos, na terceira semán do mes de agosto,  para  completar uns e iniciarse outros na música do século XX e nos seus diferentes estilos.

Ao longo destes cinco anos pasaron polas aulas profesores tales como: Roberto Somoza (saxo ), Andy Phillips ( piano e teclado ), Charlie Moreno ( baixo eléctrico ), Noli Torres ( batería ), Joshua Edelman ( piano ), Carlos Castro ( batería e percusión ),  Alberto Conde ( piano ), Fernando Llorca ( batería ), Celia Mur ( voz ), Carlos Calviño ( guitarras )  etc todos eles dende a súa experiencia prenderon nos alumn@s que nos acompañan,  a mecha do rock, do funk, do blues etc músicas todas elas  imprenscindibeis nos nosos días e que ainda non entraron nos conservatorios como músicas de pleno dereito.

Dende o ano 2006 o Seminario de Música Moderna e Improvisación vese enriquecido polo Festival de jazz Novas Músicas, que nas mesmas datas enche as  calurosas noites de música en directo, interpretada por prestixiosos grupos, tales como: os internacionais Maria João & Mário Laginha, Jerry González Cuarteto, Carlo Actís & Baldo Martínez, Celia Mur & Kiko Aguado  o lendario Pedro Iturralde etc. Todos eles colaboraron a facer de Monforte de Lemos un lugar de encontro musical que pouco a pouco vaise incorporando ao listaxe de Seminarios e Festivais que durante o verán celebránse no Estado.

A iniciativa JAZZ X BARRIOS, achega ano tras ano música de calidade aos distintos barrios de Monforte de Lemos. Sesións musicais  as 24:00h nas que participan alumnos e profesores do Seminario, xunto a músicos profesionais que interveñen no Festival, nun percorrido no que cada ano participan e se implican máis hosteleiros da cidade: Restaurante o Grelo, Restaurante Los Goya, Bodegón Ribeira Sacra, Bar do Lechu, Paseo do Malecón, Tapería A Troula, Centro do Viño Ribeira Sacra, Parador de Turismo...

Ao longo destes catro últimos anos, o incremento no número de alumnos matriculados foi espectacular, chegando na convocatoria de 2008 a 83 alumnos inscritos. Tamén o número de profesores foi in crescendo ata chegar aos 6 profesores e un coordinador. Estes datos permitenos afirmar que estamos ante o máis importante seminario de música moderna e jazz de Galicia e con proxeción nacional.

 

servido por jazzclube sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Últimos comentarios

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera