22 Julio 2009

FESTIVAL DE JAZZ NOVAS MÚSICAS
Dende o ano 2005 celebrase en Monforte de Lemos, nas instalación do Conservatorio Profesional de Música " Mestre Ibáñez " e por iniciativa do Concello de Monforte de Lemos, un encontro de músicos no Seminario de Música Moderna e Improvisación. Ao longo destes anos acompañáronnos alumn@s de toda a xeografia española, que cun elemento común, a súa preferencia pola música moderna e a improvisación, acercaronse a Monforte de Lemos, na terceira semán do mes de agosto, para completar uns e iniciarse outros na música do século XX e nos seus diferentes estilos.
Ao longo destes cinco anos pasaron polas aulas profesores tales como: Roberto Somoza (saxo ), Andy Phillips ( piano e teclado ), Charlie Moreno ( baixo eléctrico ), Noli Torres ( batería ), Joshua Edelman ( piano ), Carlos Castro ( batería e percusión ), Alberto Conde ( piano ), Fernando Llorca ( batería ), Celia Mur ( voz ), Carlos Calviño ( guitarras ) etc todos eles dende a súa experiencia prenderon nos alumn@s que nos acompañan, a mecha do rock, do funk, do blues etc músicas todas elas imprenscindibeis nos nosos días e que ainda non entraron nos conservatorios como músicas de pleno dereito.
Dende o ano 2006 o Seminario de Música Moderna e Improvisación vese enriquecido polo Festival de jazz Novas Músicas, que nas mesmas datas enche as calurosas noites de música en directo, interpretada por prestixiosos grupos, tales como: os internacionais Maria João & Mário Laginha, Jerry González Cuarteto, Carlo Actís & Baldo Martínez, Celia Mur & Kiko Aguado o lendario Pedro Iturralde etc. Todos eles colaboraron a facer de Monforte de Lemos un lugar de encontro musical que pouco a pouco vaise incorporando ao listaxe de Seminarios e Festivais que durante o verán celebránse no Estado.
A iniciativa JAZZ X BARRIOS, achega ano tras ano música de calidade aos distintos barrios de Monforte de Lemos. Sesións musicais as 24:00h nas que participan alumnos e profesores do Seminario, xunto a músicos profesionais que interveñen no Festival, nun percorrido no que cada ano participan e se implican máis hosteleiros da cidade: Restaurante o Grelo, Restaurante Los Goya, Bodegón Ribeira Sacra, Bar do Lechu, Paseo do Malecón, Tapería A Troula, Centro do Viño Ribeira Sacra, Parador de Turismo...
Ao longo destes catro últimos anos, o incremento no número de alumnos matriculados foi espectacular, chegando na convocatoria de 2008 a 83 alumnos inscritos. Tamén o número de profesores foi in crescendo ata chegar aos 6 profesores e un coordinador. Estes datos permitenos afirmar que estamos ante o máis importante seminario de música moderna e jazz de Galicia e con proxeción nacional.

servido por jazzclube
sin comentarios
compártelo
22 Julio 2009
CHANTADA JAZZ 2009
Ciclo de conciertos de jazz en julio y agosto en el Molino de la Alameda, 22:00h.
MR. DIXIE JAZZ BAND
VENRES 31 de XULLO de 2009 ás 22H00
Banda de jazz tradicional, cun estilo orixinal e primitivo de onde partiron o resto dos estilos posteriores: cool jazz, hard bop, free etc. Ista banda nace en A Coruña no ano 1999 baixo a batuta do trompetista Guillermo Lancelotti. Tocan un jazz nostálxico, pero ao mesmo tempo alegre e moi quente. Iste sexteto sorprenderánnos cun son brillante, excitante e festivo. Cun swing contaxioso mostranránnos como é o estilo Chicago anos 30 e 40, o cal afunde as súas raices no Mississipi. O jazz de estilo New Orleáns é o descendente directo das bandas de música ambulantes " marchingband ". Un elemento fundamental e inherente ao Jazz é a improvisación, tratada neste grupo dun xeito colectivo. Hai pasaxes onde toda a banda está improvisando. O " Dixieland " co seu alegre e feliz son serviu e serve ainda hoxe de introdución ao jazz para moita xente.
CHARLIE MORENO TRÍO
VENRES 7 DE AGOSTO DE 2009 ÁS 22H00
BRIGADA BRAVO & DÍAZ
VENRES 14 de agosto de 2009 ás 22h00
MÚSICAS POPULARES DA GUERRA CIVIL. Baseándose no material recollido no libro de Luis Díaz Viana, Cancioneiro popular da guerra civil española, a Brigada Bravo&Díaz propón unha nova interpretación instrumental -en clave de jazz- dalgunhas das máis famosas melodías que se cantaron naquela contenda. Unha curiosa formación -zanfona, caixa de música e guitarra-, que evoca sonoridades antigas, cunha linguaxe contemporánea e aberto. "Son dous pero soan coma se fosen, polo menos, cinco. Cunha guitarra e unha zanfona pódese facer falar ao silencio. A música, como toda arte, non é unha cuestión de número nin ferramentas, senón de talento. Se se é un virtuoso do instrumento -e Bravo&Díaz sono- pois mellor aínda, aínda que a habilidade de execución para facer doado o difícil non abonde. Por enriba diso está a capacidade de transmitir emoción, de evocar sentimentos coas notas. Servirse de melodías tradicionais para elaborar sofisticadas variacións supón unha senda tendida entre o culto e o popular que, dende o Renacemento, os músicos máis exquisitos viñeron transitando. Para min constitúe unha satisfacción que Bravo & Díaz escollesen estas cancións das que se recollen no meu Cancioneiro popular da Guerra Civil Española como punto de partida do seu traballo máis recente. En clave de jazz -esa música "clásica" do século XX-, eles retomaron os esquemas melódicos daquel tempo mítico para facelos soar como algo inesperado e novo. Ao escoitar estas cancións resulta case imposible non os admirar como músicos, pero máis aínda non se conmover. "
CELIA MUR DÚO
VENRES 28 DE AGOSTO DE 2009 ás 22h00
Foi alumna de figuras como Sheila Jordan, Jeanne Le, Debora Carter e Paolo Fresu, entre outros moitos, e, á súa vez, dirixiu os departamentos de canto de Escolas de Música valencianas como Duetto ou L 'espai Musical. Os seus últimos proxectos, á parte do album " Las Flores De Mi Vida ", o seu nome asóciase ao do grupo valenciano " Groove Yard " nunha homenaxe a Ella Fitzgerald e co repertorio dos irmáns Gershwin e tamén polo seu traballo co grupo do vibrafonista Arturo Serra. A voz de Celia sería a dunha mezzo-soprano pero é no seu rexistro medio/grave onde atopamos a cantante con mais bouquet. Cunha capacidade case innata para o dificil arte do scat e unha voz versatil que, xunto coa súa amplitude de miras, lle permite achegarse con total dominio da situación a universos sonoros, aparentemente tan dispares, como o jazz, a bossa nova, o funky ou a canción popular. No seu traballo discográfico, " Footprints " (Satchmo Records, 2001), Celia fixo un percorrido por os mais diversos estilos do jazz vocal contemporáneo, dende aproximacións mais clásicas guiadas polo guitarrista Kiko Aguado de temas como " Stars Fell On Alabama " e " That 's All " ata versións de corte rabiosamente contemporáneo como é o caso de " Footprints " ou " Caravan ", para as cales foron fundamentais os arranxos do pianista Darío Moreno. O seu traballo, " Las Flores De Mi Vida ", non é senón unha volta de rosca mais nunha aventura musical apaixonante e unha confirmación das inquietudes artísticas da mellor representante a nivel nacional do magnífico jazz que se vén facendo en Granada durante a última década. Despois viñeron " Coloreados " E o mais recente " Simpatía "
servido por jazzclube
sin comentarios
compártelo
19 Junio 2009
Monforte de Lemos, del 17 al 22 de Agosto 2009

servido por jazzclube
sin comentarios
compártelo
13 Abril 2009
PROFESORES
Carlos Calviño [guitarra]
Profesor superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Vigo. Profesor de ensino secundario na especialidade de música e de profesor de guitarra e harmonía moderna na Escola de Música A Tempo (Pontevedra).Tocou con Alberto Conde, Roberto Somoza, Joshua Edelman, Pepe Bao, Celia Mur, Andy Phillips, entre outros.
Iñaki Askunze (saxofón)
"Premio de Honor" do Conservatorio de San Sebastian. Estudió en Berklee Collage of Music de Boston onde gradúase co grao de "Magna Cum Laude" en Interpretación e Composición. Profesor de Harmonía e Arranxos no "Taller de Musics" de Barcelona. Profesor na especialidade de Jazz de Harmonía, Arranxos, Composición e Combo no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e de Composición no Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona. Director da "Pirineos Jazz Orquesta".
Dee Jay Foster (contrabaixo e baixo eléctrico)
Graduado no Berklee College of Music, de Boston. Estudia con Pat Martino, Dave Liebman, Joe Lovano, entre otros. Toca e graba en Boston e Nova Yorke con artistas como Hal Crook , Ian Froman, Bob Gulloti, entre outros. No 2005, e elexido por Herbie Hancock e Wayne Shorter como un dos tres finalistas para o "Thelonious Monk Institute of Jazz" en Los Angeles. No 2006 toca en San Francisco, con Mark Levine, Barry Finnerty, e Mel Martin.
Celia Mur (voz)
Alumna da soprano lírica Maryan Bryfdir durante seis anos no Centro de Arte Lírico de Granada. Graduouse na Associated Board of The Royal Schools of Music del Reino Unido. Celia Mur e unha das cantantes de jazz más interesantes da xeeración actual en España. Seu primeiro disco , "Footprints", mostra a calidade do seu canto improvisado a maneira do " scat ".O segundo disco "Las flores de mi vida" (Satchmo record 2003) e un percorrido intimista en clave de jazz.
Albert Sanz (piano)
Estudiou no Taller de Músic e Conservatorio de Valencia. Graduado na Berklee Collage of Music de Boston. Profesor do Conservatorio Superior de Música de Euskadi Musikene. Colaboura con Joe Lovano, Perico Sambeat, Mark Turner, Jordy Rossy, Kurt Rosenwinkel, Chris Cheek. Premio Pianista revelación 1999 na Bienal de Jazz Tete Montoliu.
Valentín Iturat (batería):
Estudiou na Drummers Collective .Traballa en televisión, cine e publicidade, acompaña a grupos e solistas de diferentes estilos musicais: jazz, rock, pop, músicas do mundo...Tocou con Andreas Prittwitz, Javier Sánchez,Charlie Moreno, Moisés Sanchez, José Ramón Abella, Raúl Marquez, José Antonio Ramos entre outros.
Miguel Ángel Rodríguez [coordinador]
Profesor Superior de saxofón ,profesor de Secundaria, na especialidade de Música. Director da Big Band "Tejina", coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra "División Musical"do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco "Rock no ensino público".
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ingresar o importe da matrícula no seguinte nº de conta de Caixa Galicia:
2091 0126 90 3110000019. Especificando como concepto do ingreso:
" 5º Seminario de Música Moderna e Improvisación"
Enviar este formulario xunto cunha fotocopia do ingreso a:
Escola de Estudios Musicais A TEMPO, Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra.
nome e apelidos
idade
d.n.i
enderezo
nº
andar
c.p
poboación
provincia
teléfonos
correo electrónico
instrumento
anos de práctica
estudos realizados
sinale a opción desexada:
seminario sen residencia 100 €:
seminario con residencia 130 €:
CONTIDOS
1.COMBOS ( seis niveis de progresiva dificultade)
-Estilos: Blues, swing, Be-Bop, bossa, funk, latin, Pop...
2. HARMONÍA, ANÁLISE e TÉCNICAS DE IMPROVISACIÓN
3. COMPOSICIÓN E ARRANXOS (para distintas formacións instrumentais)
4.- IMPROVISACIÓN VOCAL: Técnica vocal e coro
DIRIXIDO A
Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna.
Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna.
Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc...
Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliaran os seus recursos pedagóxicos.
Poderan participar no seminario músicos de calquera especialidade instrumental.
INFORMACIÓN ADICIONAL
· Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.
· Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumn@s.
· O grupo-Iniciación estará formado por alumn@s de 12 anos en adiante e con coñecementos básicos de instrumento.
· Os asistentes recibirán un diploma acreditativo ao final do seminario.
· Ao longo da semana alumnos e profesores terán a oportunidade de participar en diversas sesións musicais organizadas en distintos pontos de Monforte de Lemos.
· As prazas son limitadas e asignaránse por orde de inscrición.
· Os participantes do seminario terán que levar o seu instrumento, agás pianistas e bateristas.
· Todos os participantes deben traer un atril debidamente identificado.
· O coordinador e os profesores estudarán as solicitudes para para elixir o nivel axeitado a cada alumno.
HORARIOS
Aulas teórico-prácticas. Conservatorio Profesional de música "Mestre Ibáñez":
10:30 H a 13:30 H 16:30 H a 18:30 H
MATRÍCULA
Prezo: 100 €
As inscricións poderanse enviar por correo postal, fax, ou por correo electrónico.
ALOXAMENTO
Prezo: 30 €, só estancia. Entrada a noite do domingo 16 e saída a mañán do domingo 23
Nº de prazas dispoñíbeis: 30. Asignadas por orde de inscrición
Reservas aloxamento: 986 844104 / 659 474352
A organización facilitará información sobre outros aloxamentos e restaurantes.
ORGANIZACIÓN:
Escola de Estudios Musicais A Tempo
Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra
teléfonos:986 84 41 04/ 659 47 43 52
fax: 986 84 41 04
http://www.novasmusicas.com
atempo.org@gmail.com
servido por jazzclube
sin comentarios
compártelo
1 Marzo 2009
Campus JAZZ de Pontevedra
Auditorio Casa das CAMPÁS Rúa don Filiberto
ás 21h00 entrada libre ate completar aforo
Organizado poa Universidade de Vigo-Vicereitorado do Campus de Pontevedra en colaboraración coa Asociación Galega de Música Jazz-AGAMUJAZZ
PROGRAMACIÓN
Xoves 26 de marzo 09
Alberto Conde Cuarteto
Alberto Conde - piano
Roberto Somoza - saxofón e frauta
Miguel Cabana - batería
Kin García - contrabaixo
Cando o Jazz convértese nun elemento integrador e únese ás músicas do mundo, atopamonos co denominado fenómeno etno-jazz. Referímosnos á fusión do Jazz coa música galega, o que algúns críticos denominaron Novamuiñeira, ou Muiñeira-jazz.
Este proxecto o desenvolveu e principiou Alberto Conde coa grabación e edición de dous discos: "A Lagoa dos Atlantes" (1997), e "Celtrópolis" (1999). Despois viñeron outros.
Esta formación, que está participando activamente en diversos escenarios posúe un traballo, dentro do campo do Jazz e das Novas Músicas, extenso e rico en formas e contidos. Cada un destes músicos ten a súa propia formación artística, unha longa traxectoria musical e 20 anos de incasabel labor as súas costas.
Conseguen crear unha atmosfera aberta, con sinxelas melodías, espontaneidade, expresividade e variedade de ritmos, música galega enriquecida . A formación está composta por piano, contrabaixo, saxos e frauta, batería .
Xoves 2 de Abril 09
3Azoteas
Iago Mouriño - teclado
Pablo Pérez - baixo eléctrico
Miguel Queixas - batería
3AZOTEAS ten como a pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares. Este encontro
musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.
Martes 14 de Abril 09
A Tempo Jazz Cuarteto
Carlos Calviño - guitarras
Oscar Rodríguez - contrabaixo
Noli Torres - batería
Sarunas Pupelis - saxofón e clarinete
Unha proposta que recolle as mellores aportacións da cultura musical do século xx. Blues, rock, pop, reggae, música latina, bossa e jazz son usados nas estructuras harmónicas e rítmicas que utilizan misturadas para ser o fundamento das suas improvisacións.
Atopamos, reunidos nun cuarteto de luxo, catro músicos de moi diversas procedencias os cales aportan as súas experiencias do folk, jazz, pop, funky... Coa música programada para este concerto emerxerán estilos fusionados, a improvisación, o jazz, o rock, o pop, as influencias africáns (reggae), brasileiras (bossa), latin (son). Músicas que xa forman parte da memoria de todos nós.
Martes 21 de Abril 09
Jacobo de Miguel & Ton Risco Dúo
Jacobo de Miguel - piano
Ton Risco - vibráfono
"DÚO". Primeiro disco do proxecto formado por Jacobo de Miguel (piano) e Ton Risco (vibráfono) baseado arredor dunha perspectiva camerística da música de jazz.. É a culminación de anos de desenrolo musical e a mestura de dúas persoalidades de experiencias diferentes pero con puntos converxentes en aspectos cruciais: o entendemento musical, o gusto pola delicadeza e o compromiso ca música improvisada. Neste sentido, a concepción das súas composicións participa destes pilares tanto no labor compositivo coma nas secións improvisatorias.
Por outro lado, en "Dúo" converxen diferentes tradicións musicais: a clásica, a americana e a europea. Non é casualidade daquela, que ámbolos dous teñan formación clásica e teñan levado xunto á tradición jazzística americana o gusto pola chamada "música seria".Finalmente, coma músicos do noroeste da península participan dunha corrente de interpretación europea, crucial no desenrolo do jazz ó longo do século XX.
http://casadascampas.uvigo.es
http://www.agamujazz.com
servido por jazzclube
1 comentario
compártelo
8 Febrero 2009
8 Febrero 2009
8 Febrero 2009